Saltar ao contido

Tratamentos

Faciais e corporais

Cada corpo é único, por iso require un trato especializado.

Tratamentos con luz pulsada KELAYA IPL K-Sweep

Fototerapia facial

Rexuvenecemento. Cando a luz é absorbida polos diferentes cromóforos prodúcese unha elevación de temperatura. Como consecuencia deste efecto prodúcese unha activación de todos os procesos de rexeneración cutánea. 

Ideal para remodelación do colágeno e elastina, tratar lesións pigmentadas, lesións vasculares e atenuación de engúrralas superficiais.

Fotodepilación

"K-Sweep" Modo de emisión único que emite pulsos ultracortos de alta densidade de enerxía e velocidade, ademais dunha potencia de emisión lumínica ao alcance de moi poucos con case dous disparos por segundo.

"Painless" Tratamento 100% indoloro perfecto para primeiras sesións. Emite pulsos de baixa densidade lumínica e alta taxa de repetición conseguindo elevar gradualmente a temperatura do folículo sen danar tecidos lindeiros. Perfecto para zonas de alta densidade e zonas delicadas.

"Finisher" Emprega altas densidades de enerxía capaces de ser absorbidas polos folículos máis difíciles. Modo de emisión para zonas puntuais. Perfecto para lanuxe residual ou lanuxe con baixa cantidade de melanina.

Tratamentos con radiofrecuencia KELAYA Diathermy

Facial

Efectos nos tratamentos:

  • Engurras e liñas de expresión.
  • Aumento e mellora do relevo cutáneo.
  • Reduce os poros.
  • Contorno de ollos.
  • Hidratación.
  • Cicatrices e marcas.
  • Mellora textura, cor e elasticidade cutánea.
  • Reafirma a pel.

Corporal

Efectos nos tratamentos:

  • Reafirma abdome, brazos, glúteos e pernas.
  • Remodelación corporal.
  • Mellora o aspecto da celulite.
  • Trata a flacidez.
  • Mellora as estrías.
gl_ESGalego